Deseño de Jardín Zen Interior
Xardín Zen realizado no verán en 8 m2 nunha clínica da Coruña. #Encargar un xardín que transportase aos pacientes a un lugar tranquilo, con auga en movemento que tivese moita vida. Atopámonos cunha composición cunha fonte de ferro oxidado, grava branca e bambú pintado de branco moi estático e con plantas artificiais.
DATA
24 – 10 – 2018
CLIENTE
Empresa
DESEÑO
Matraz
SUPERFICIE
15m2
LOCALIZACIÓN
A Coruña


Deseño de xardín ZEN interior
Propuxemos unha fonte feita a medida con pedra de río negra un estanque baixo con canto rodado natural, árido de pedra volcánica para un recuncho e árido grava miúda rosa para unir coa area branca(de cuarcita)moi fina. Plantas naturais e un vinilo de paseo por río con moita profundidade que coa iluminación indicada causa un efecto aumentado. Ademais demos continuidade á ponte de madeira da imaxe con madeira de castiñeiro recuperada dunha viga vella dunha casa do centro histórico da coruña. introducimos unha billa en arqueta de xardín con mangueira extensible e instalación baixo tubi en extracto de áridos que ocupa toda a superficie en contacto co pavimento da terraza. para separar os extractos utilizamos geo téxtil e para illar do estanque unha lámina de epdm de 1mm. Introducimos unha luminaria de cultivo con reflector e 2 reloxos en cadro para a iluminación ademais doutro para a fonte.