Matraz Xestión de Procesos Construtivos

Matraz non é unha construtora ao uso, é unha Plataforma Creativa da Construción.
O grupo empresarial Matraz con sede central na Coruña e delegacións en Madrid, Alacante e Hermua conta con máis de 10 anos de experiencia no sector da construción.
A base do noso éxito reside no estudo pormenorizado dos proxectos, planificación e xestión de todo o proceso construtivo, cunha sólida rede de colaboradores.
Minimizamos os contratempos reducindo custos innecesarios e axustando prazos de entrega. Somos creativos, técnicos, calculistas, aforradores, recicladores, orixinais, discretos, transparentes e honestos.
O noso modo de traballo baséase no estudo previo á execución do proceso construtivo, o cal incide directamente no custo e calidade do mesmo.
Asignamos a un profesional (arquitecto, enxeñeiro ou arquitecto técnico) a cada obra que velará polo desenvolvemento da mesma e polos intereses do cliente e o proyectista alcanzando a excelencia de calidade.

Estás a pensar en realizar unha reforma da túa vivenda?

Solicita orzamento para reformar a túa casa nun só clic!

QUERES SABER MÁIS SOBRE OS NOSOS SERVIZOS?