Reformas de pisos e casas

Realizamos reformas integrais na Coruña. Reformas integrais de pisos e casas xestionando, de principio a fin, todos os pormenores do proxecto.

Unha vez analizado o estado actual do piso ou da casa ou piso a reformar e escoitando atentamente ás necesidades, gusto e ideas do cliente, presentamos unha oferta personalizada na que aproveitamos para asesorar sobre as distintas calidades, eficiencia enerxética e demais detalles importantes da obra.

¿Estás pensando en realizar unha reforma da túa vivenda?

¡Solicita un orzamento para reformar a túa casa cun só clic!

Unha vez aliñadas as partes, tanto no plano das ideas, como no económico, realízase unha planificación da obra con planos e deseños finais, así como coas datas de intervención do equipo de profesionais.

Executamos a obra en forma e tempo acordado prestando a máxima atención a cada un dos procesos construtivos para asegurar a máxima calidade de todos os acabados.

Somos minuciosos e perfeccionistas, respectamos escrupulosamente os prazos de entrega fixados na fase de planificación, poñendo todo o noso empeño e experiencia en superar as túas expectativas.

Facemos todo tipo de reformas como rehabilitación de fachadas na Coruña ou reforma de oficinas na Coruña.

QUERES SABER MÁIS SOBRE OS NOSOS SERVIZOS?